O estudantado universitario de Lugo recibe información sobre os Premios Mestre Mateo

LugoXa
Deputación e Concello animan ao alumnado de Servizos Culturais a participar e a involucrarse no sector audiovisual durante dous meses de programación
Deputación-de-Lugo-en-Humanidades
5 Feb 2026

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza do Concello de Lugo, Cristina López, achegáronse á Facultade de Humanidades para convidar ao estudantado do Grao de Servizos Culturais e do Mestrado de Servizos Culturais a participar nas actividades que se celebrarán na cidade arredor dos Premios Mestre Mateo.

Castro e López participaron nunha clase con estudantes de materias relacionadas coas industrias culturais e os medios audiovisuais, cos que compartiron as implicacións da colaboración coa Academia Galega do Audiovisual na organización da gala, que terá lugar o próximo 21 de marzo no Auditorio Fuxan os Ventos.

As representantes destacaron, ademais, a vontade das dúas institucións —Deputación e Concello— de crear unha programación estendida ao longo de dous meses, co obxectivo de promover a implicación da cidadanía nos Premios e socializar a importancia do sector audiovisual.

⚙ Configurar cookies
0.079452991485596