O exército desprégase en Lugo
A BRILAT, co propósito de apoiar a acción do Estado e en apoio á poboación na loita contra a pandemia producida polo virus COVID-19, en estreita colaboración co resto da Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Organismos Institucionais e Administracións Públicas despregará Unidades nas localidades de Lugo, Santiago de Compostela, Avilés e Valladolid.
Esta actividade da BRILAT realízase no marco da Operación BALMIS que coordina o Mando de Operacións relativa ao despregamento das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a propagación do virus.
As unidades actuarán en cada unha das mencionadas cidades co obxectivo de recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas críticas e establecer unha ligazón sólida e eficaz con autoridades locais e Forzas e Corpos de Seguridade para facilitar os seus labores de presenza e vixilancia ante posibles incumprimentos das medidas establecidas polo Estado de Alerta nas zonas de especial risco para o contaxio.
Ata o de agora os contaxios na provincia de Lugo ascende a 31 sendo en Galicia de 333, entre os que se contabilizaron cinco mortos, cuatro deles persoas maiores e outro de mediana idade, todos con patoloxías previas.