O Fa Ce La Fest celebra en maio a súa séptima edición

LugoXa
O FaCeLa Fest celebra do 11 e o 13 de maio a súa séptima edición no exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire
FAcela FEst portada
FAcela FEst portada
30 mar 2023

Volve a séptima edición do Fa Ce La Fest, o festival de música independente de Lugo que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo a través da área de Cultura. “Renovamos o noso apoio a  un festival xa consolidado no calendario cultural de Lugo, que realiza unha importante aposta pola presenza das agrupacións lideradas por mulleres e polos grupos de Lugo”, explicou Maite Ferreiro.

O Fa Ce La Fest celebrarase entre o 11 e o 13 de maio e o escenario principal volverá ser o exterior do Auditorio Municipal Gustavo Freire, e o cartel aposta un ano máis por bandas míticas da escena independente, entre as que se atopan nomes como La Bien Querida, Ron Gallo, Micah P. Hinson, The Neatbeats ou The Shadracks.

Completan o cartel bandas emerxentes galegas; algunhas mais consagradas e outras que practicamente farán o seu debut no festival. FaCeLa Fest aposta pola mestura entre bandas galegas novas e bandas internacionais e estatais mais consolidadas, poñendo en valor  a música galega e especialmente a lucense.

Así pasarán por esta edición Dalsi, Lunamotos, Musel, Ángel Novocad, Pastor Eléctrico, Copa Turbo e os Músculo, que son a banda perfecta para pechar o cartel do festival con seu directo trepidante, onde a electrónica se une a outros estilos para crear unha atmosfera á altura das grandes bandas internacionais.

FAcela FEst