O festival A Candeloria despídese tras 12 anos coa súa última edición en 2026 en Lugo

O festival A Candeloria, que durante máis dunha década se consolidou como unha das grandes citas musicais do inverno en Lugo, anunciou a súa despedida definitiva.
Tras 12 anos de intensa traxectoria, o evento porá o punto final en 2026 cunha última edición que se celebrará no Pazo de Feiras e Congresos baixo o nome de O último berro.
A organización destacou que non se trata dun adeus triste, senón dunha despedida chea de alegría polo camiño percorrido, lembrando as amizades creadas, os momentos únicos vividos e a complicidade do público e das bandas que participaron ao longo destes anos. Ademais, agradeceron ás institucións e empresas que apoiaron o proxecto, fundamentais para o seu desenvolvemento.
A cita final pretende converterse nunha noite histórica e especial para o festival, na que non faltará música, emoción e a oportunidade de desfrutar e despedirse cun último berro colectivo.