O festival Cartografía en Movemento celebra a próxima fin de semana a súa edición palíndroma

LugoXa
O festival de Cartografía en Movemento celebra a próxima fin de semana a súa undécima edición que terá os palíndromos como protagonistas.
Festival cartografia portada
26 Ago 2022

O festival Cartografía en Movemento celebra a próxima fin de semana a súa undécima edición que terá os palíndromos como protagonistas.

A programación dará comezo o venres 2 de setembro con tres actuacións no MIHL ás 20.00. A primeira Xeración Z, unha colaboración de iXa e CDAN de Lugo, a segunda Velar de Fran Martinez e por último Multiperspectivas#2 de Paula Quintas.

O sábado día 3 o MIHL acollerá dous obradoiros. De 11.00 a 12.30 Paula Quintas impartirá Composición estable, un taller de movementos e equilibrios en familia para un adulto e un neno por familia. Dende ás 12.30 ata ás 14.00 Álvaro Murillo impartirá o obradoiro Flamenco contemporáneo apto para todos os públicos.

Ás funcións do sábado terán lugar na praza do Mercado ás 20.30 e serán Miñaxoia de Clara Ferrao, 8km en mula de Álvaro Murillo, Anónimas Raices de Premoh’s Cru e Blues de medianoite de Alba Fernándes.

O domingo día 4 as actuacións palindrómicas desta edición terán lugar por recunchos de toda a cidade de Lugo e ao longo de todo o día.

0.19884204864502