O Festival de Jazz da comezo mañá

LugoXa
Lugo acolle unha nova edición do Festival de Jazz que se celebra entre o 4 e o 20 de novembro na que será a sua 32º edición
festival jazz 2022 portada
3 Nov 2022

A  32ª edición do Festival de Jazz de Lugo da comezo mañá 4 e continúa coa súa programación ata o 20 de novembro. Como cada mes de novembro ininterrompidamente desde o ano 1991 este festival de música trae a Lugo a grandes actuación de jazz converténdose nos últimos anos nun dos principais fitos culturais da cidade de Lugo.

A edición deste ano contará con un total de 26 concertos donde poderemos atopar tanto a estrelas e grandes figuras internacionais como a novos valores do mundo do Jazz. Tamén haberá representantes do mellor jazz estatal e galego. Dentro dos eventos máis destacados podemos atopar as actuacións de Luke Winslow-King & Band feat Roberto Luti, Sheila Jorda, Billy Cobham Band ou Javier Navas Quintet.

O Festival está organizado pola Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, un colectivo de lucenses unidos pola música e que se constitúe como asociación cultural no ano 1990, conta co apoio da área de Cultura do Concello de Lugo. Maite Ferreiro animou a toda a veciñanza "a desfrutar do mellor jazz nunha edición que volve un ano máis para continuar a ampliar a programación de calidade que organizamos desde a área de Cultura do Concello de Lugo".

Esta XXIII edición do Festival de Jazz de Lugo contará cun programa dividido nos tres escenarios habituais , Círculo das Artes, Club Clavicémbalo e Casa do Saber

As entradas están dispoñibles online e na caseta do Festival situada na praza Maior dende mañá 4 de novembro ás 12.30 h e en horario de 12.30 a 14.00 e de 17.30 ata a hora do concerto

festival jazz 2022
0.20225620269775