O Festival de Jazz volve este mes de novembro a Lugo
A 32ª edición do Festival de Jazz de Lugo celébrase este ano entre os días 4 e 20 de novembro. Cada mes de novembro ininterrompidamente desde o ano 1991 este festival de música trae a Lugo a grandes actuación de jazz converténdose nos últimos anos nun dos principais fitos culturais da cidade de Lugo.
A edición deste ano contará con un total de 26 concertos donde poderemos atopar tanto a estrelas e grandes figuras internacionais a novos valores do mundo do Jazz. Tamén haberá representantes do mellor jazz estatal e galego. Dentro dos eventos máis destacados podemos atopar as actuacións de Luke Winslow-King & Band feat Roberto Luti, Sheila Jorda, Billy Cobham Band ou Javier Navas Quintet.
O Festival está organizado pola Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, un colectivo de lucenses unidos pola música e que se constitúe como asociación cultural no ano 1990, conta co apoio da área de Cultura do Concello de Lugo. Maite Ferreiro animou a toda a veciñanza "a desfrutar do mellor jazz nunha edición que volve un ano máis para continuar a ampliar a programación de calidade que organizamos desde a área de Cultura do Concello de Lugo".
Esta XXIII edición do Festival de Jazz de Lugo contará cun programa dividido nos tres escenarios habituais , Círculo das Artes, Club Clavicémbalo e Casa do Saber
As entradas estarán dispoñibles dende hoxe ás 17.00 online e na caseta do Festival situada na praza Maior dende o 4 de novembro ás 12.30 h e en horario de 12.30 a 14.00 e de 17.30 ata a hora do concerto