O Foro Feminista de Lugo convoca unha concentración para lembrar as mulleres asasinadas por violencia machista

LugoXa
A acción celebrarase este martes 3 de novembro, ás 20:00 horas, na Árbore da Vida, na Praza de Santo Domingo, cunha lectura dun manifesto e o nomeamento das vítimas de 2026
árbore-da-vida-Santo-Domingo-Lugo
3 Nov 2026

O Foro Feminista de Lugo organizará este martes 3 de novembro unha acción de lembranza das mulleres asasinadas por violencia machista no que vai de ano.

O acto terá lugar ás 20:00 horas na Árbore da Vida, situada na Praza de Santo Domingo, onde se dará lectura a un manifesto coa definición de 'feminicidio'.

A iniciativa incluirá tamén o nomeamento de todas as mulleres asasinadas en 2026, a partir dos datos do Ministerio de Igualdade e do portal efeministas.com, actualizados a este 3 de novembro. A convocatoria busca manter viva a memoria das vítimas e visibilizar a violencia machista.

0.15647792816162