O gandeiros de carne abandonan a Muralla logo dun acordo coa Xunta pero continuarán con mobilizacións

LugoXa
Gandeiros de carne decidiron levantar a súa protesta ante a Xunta en Lugo tras unha reunión este luns co conselleiro de Medio Rural.
gandeiros suprema manifestacion lugo
16 Maio 2023

Gandeiros de carne decidiron levantar a súa protesta ante a Xunta en Lugo tras unha reunión este luns co conselleiro de Medio Rural, José González, quen lles comprometou diferentes axudas.

O presidente da Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, Santiago Rego, explicou que sacaron os tractores aparcados na Ronda da Muralla e non protestarán ante a Xunta, pero si continuarán coas súas mobilizacións en Lugo ante a Subdelegación do Goberno.

Tras unha reunión de preto de catro horas en Lugo con José González, Santiago Rego explica que o conselleiro lles trasladou o compromiso dunha liña de axudas ligada á produción de calidade da IXP Tenreira Galega Suprema, así como que na próxima convocatoria de prevención de incendios forestais haxa apoios ligados ás hectáreas que se pastorean, unido a seguir coa petición da ampliación do primeiro piar da liña de axudas de vaca ama de cría, dependente do Ministerio de Agricultura.

Con todo, vivíronse momentos de tensión este luns cos membros de seguridade da entrada do edificio da Xunta, cos gandeiros apiñados na entrada.

Produtores de carne colapsaron o centro de Lugo o pasado xoves cunha tractorada formada por uns 400 vehículos, segundo estimación da convocante Asociación de Gandeiros Galegos da Suprema, para reclamar "prezos xustos" e denunciar os "recortes" na nova Política Agraria Común (PAC). Esa a segunda que se producía en Lugo no prazo dun mes e desde a primeira había un retén de gandeiros apostados diante da Xunta e cos tractores ocupando un carril da Ronda.

gandeiros suprema reunion conselleiro medio rural lugo
0.21362590789795