O GDR Terras de Miranda organiza unha andaina polo Camiño do Norte
O GDR Terras de Miranda organiza para o vindeiro sábado 17 de outubro unha andaina polo Camiño do Norte.
Esta ruta é totalmente gratuíta e percorrerá os concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada e Lourenzá.
A actividade consiste nun percorrido en autobús por estes catro concellos, parando nos diferentes recursos vinculados ao Camiño do Norte.
Ademais, esta actividade inclúe un pequeno picnic e explicacións por parte de guías profesionais do sector.
O autobús sairá dende Mondoñedo ás 8.45 horas parando en Lourenzá e Barreiros ata chegar a Ribadeo ás 9.30 horas onde dará comezo o percorrido da actividade.
Para anotarse é necesaria a inscrición chamando ao 672 129 860 ou no correo terrasdemirandaturismo@gmail.com.
Para manter as medidas de seguridade pertinentes, limitarán o aforo do autobús, empregarase máscara e xel de solución hidroalcohólico.