O Goberno acorda manter o illamento da poboación ata o 26 de abril

TerraChaXa | LugoXa
4 Abr 2020

O Goberno decidiu este sábado prorrogar outras dúas semanas o estado de alarma, á vista de que a loita contra o coronavirus segue sen dar os resultados desexados polo que manterase o illamento ata o 26 de abril.

A decisión estaba practicamente tomada desde hai días e foi ratificada na mañá deste sábado polo Executivo. O pasado xoves, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, xa avanzou que a posibilidade de ampliar o confinamento estaba sobre a mesa do Consello de Ministros.

Pedro Sánchez tomou a decisión despois de manter senllas reunións co consello de científicos que lle asesora e co Comité Técnico de Xestión do coronavirus.

Para sacar adiante a medida, o presidente do Goberno terá que solicitar o apoio do Parlamento. Sánchez comunicará primeiro a súa decisión aos líderes da oposición. E este domingo explicará detállelo aos presidentes autonómicos nunha videoconferencia.

A prórroga do estado de alarma será sometida a votación no pleno do Congreso de Deputados o mércores.

0.20056295394897