O Goberno de Lugo reclama á Xunta que execute os investimentos necesarios no colexio da Ponte

LugoXa
Penas: “trátase de investimentos necesarios para o centro, reclamaremos á Xunta que garanta unhas condicións axeitadas nos colexios de Lugo”.
patio asolagado colexio a ponte lugo
patio asolagado colexio a ponte lugo
24 Nov 2023

Penas: “trátase de investimentos necesarios para o centro, reclamaremos á Xunta que garanta unhas condicións axeitadas nos colexios de Lugo”.

O Goberno de Lugo reclamará á Xunta de Galiza que efectúe os investimentos necesarios no colexio da Ponte. Na xornada de hoxe, celebrouse unha xuntanza da Comisión de Infraestruturas, na que o grupo do Partido Popular reclamou unha serie de actuacións no centro, “que requiren de investimentos, e polo tanto corresponden á Xunta”, explicou o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas.

O concelleiro de Infraestruturas explicou que “no caso dos colexios públicos, o Concello de Lugo é responsable das pequenas actuacións de mantemento, mais os investimentos e as melloras das instalacións corresponden á Xunta de Galiza”.

O Goberno de Lugo trasladará as actuacións necesarias neste centro para garantir as mellores condicións para o estudantado e o profesorado. Alexandre Penas declarou que “agardamos que o PP de Lugo reclame tamén ao Goberno Galego que execute estas actuacións no menor prazo de tempo posible”.

0.17583894729614