O Goberno de Viveiro defendeu a súa transparencia ante a moción dos grupos políticos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Na sesión plenaria do Concello de Viveiro celebrada onte, o Goberno local defendeu a súa transparencia ante a moción presentada polos grupos da oposición de Viveiro, PP, Son Viveiro e Por Viveiro o 3 de setembro no que reclamaban o cumprimento das iniciativas dos grupos da oposición aprobadas nos plenos da corporación.
24 Sep 2020

Na sesión plenaria do Concello de Viveiro celebrada onte, o Goberno local defendeu a súa transparencia ante a moción presentada polos grupos da oposición de Viveiro, PP, Son Viveiro e Por Viveiro o 3 de setembro no que reclamaban o cumprimento das iniciativas dos grupos da oposición aprobadas nos plenos da corporación.

A alcaldesa, María Loureiro, defendeu a súa posición e acusou ao BNG e ao PP "dunha política de desprestixio" e sorprendeulle que Son Viveiro e Por Viveiro sumáranse a moción "pois nos temas importantes onde se precisou consenso, sempre estiveron, e incluso con eles asinaron o acordo para sacar adiante os orzamentos e o plan de emerxencia".

MOCIÓN.

Segundo a moción “a alcaldesa, a pesares da súa obriga legal para facer cumprir os acordos plenarios, está a incumprir co desenvolvemento das iniciativas dos grupos da oposición aprobados en Pleno, e polo tanto, está a non tomarse en serio o mandato da maioría dos veciños que representa o Pleno da corporación municipal”.

Por isto os grupos municipais piden que o Goberno municipal leve a cabo o cumprimento riguroso da execución dos acordos das mocións presentadas que xa foron, e podan ser no futuro, aprobadas polo Pleno da corporación de Viveiro desde o inicio do mandato 2019/2023 e que manterá informado mensualmente á corporación sobre o estado de desenvolvemento dos acordos das mocións.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17738699913025