O Goberno licita as obras para mellorar o edificio da seguridade social, o Caiss, de Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
19 Sep 2019

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou a licitación das obras do novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social en Viveiro.  A subdelegada do Goberno que estivo acompañada pola alcaldesa, María Loureiro; o director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude, e a directora do CAISS de Viveiro, presentaron esta mañá o proxecto para a construción do novo edificio, que se levantará nunha parcela situada na avenida de Ramón Canosa, número 6, á caron do edificio de Correos e fronte ao porto de Viveiro. 

Isabel Rodríguez deu conta de que o Goberno sacou a licitación esta mesma semana  a construción da nova sede do CAISS, longamente esperada, cun presuposto de case 993.441 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 10 meses. As empresas poderán presentar ofertas ata o 14 de outubro.

“Damos así o paso definitivo para dotar a Viveiro dunhas modernas instalacións para este servizo público, para facer posible que a Seguridade Social poida atender nas mellores condición saos cidadáns. Como poden supoñer, para mín supón unha gran satisfacción presentarlle aos veciños e veciñas de o proxecto de construcción do edificio que vai ser a nova sede do CAISS de Viveiro, pola que levamos moitos anos agardando”, manifestou a subdelegada.

Rodríguez explicou que “nesta parcela na que nos atopamos construiranse as novas instalacións da Seguridade Social para atender coa maior dignidade e privacidade aos cidadáns e onde poderá traballar con mellores condicións o persoal do INSS. Aproveito para agradecerlles os anos que levan facendo o seu labor nunhas instalación que non son precisamente cómodas. Xa saben que actualmente as instalacións da Seguridade Social están en Celeiro, no mesmo edificio que ocupa o Instituto Social da Mariña, co que se a construción do novo edificio permitirá liberar espazos que poderán ser utilizados polo ISM e polos servizos sociais da Xunta”. 

USUARIOS. “Da trascendencia desta obra dá idea o feito de que cada ano 12.000 cidadáns reciben atención  neste Centro da Seguridade Social, que atende cada mes a 1.000 persoas e dá servizo aos concellos da Mariña Oriental, polo tanto, penso que non é esaxerado dicir que hoxe estamos de noraboa, porque esta é unha gran noticia para a cidade e para o resto dos concellos aos que dá servizo a Seguridade Social”, incidiu a subdelegada.

HUMANIZACIÓN. Para a alcaldesa de Viveiro, “hoxe é un día de satisfacción, estamos moi contentos porque, por fin, despois de tantas promesas incumpridas e tantos anos esperando, vemos que o novo Centro da Seguridade Social é unha realidade”. María Loureimo indicou que “cremos que con este edificio vaise mellorar a calidade e accesibilidade para os veciños e veciñas de Viveiro e imos humanizar esa zona e melloraranse todos os aspectos, tanto funcionais como estéticos”. 

ACRISTALADO. Pola súa parte, o director provincial da Seguridade Social na provincia, Juan José Rodríguez Gude, detallou que a nova sede do CAISS de Viveiro levantarase nunha parcela propiedade da Tesourería Xeral da Seguridade Social  situada na avenida de Ramón Canosa, número 6. Trátase dun solar dotacional do Plan Parcial Lodeiro-Lavandeiras de 1.490 m2 de superficie, que está situado fronte ao porto. 

Tal como informou, o proxecto prevé a construción dun edificio exento na parcela, totalmente acristalado e diáfano na zona administrativa, con unha pastilla opaca na parte traseira, na que se ubican os locais técnicos e de servizo. Na parte posterior haberá un aparcamento para 11 automóbiles, 1 praza reservada para discapacitados e área para motocicletas e bicicletas. 

O edificio será rectangular. De aproximadamente 33,60 x 14,40 metros e con unha única planta. A superficie construída será de 404 m2 e a útil de 368,30 m2, dos que 294,30m2 destinaranse á area de administrativa, que incluirá a zona de atención aos cidadáns e de espera, zona de autoxestión informática a disposición dos cidadans, vestíbulo, sala de reunións, etc. Os 74 m2 restantes resérvanse para aseos, arquivo, almacén e área técnica.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.084263801574707