O Goberno local aproba o programa de eficiencia enerxética para 57 vivendas do Centro Histórico

LugoXa
O Goberno local aproba o mércores o programa para rexenerar con criterios de eficiencia enerxética 57 vivendas do Centro Histórico
led lampada rua
led lampada rua
23 Maio 2023

Con estas achegas, 35 vivendas reducirán entre o 30% e o 45% o seu consumo de enerxía primaria non renovable, mentres que 12 acadarán unha diminución entre o 45% e o 60% e 10 inmobles máis do 60%.

A alcaldesa, Lara Méndez, anunciou que o Concello de Lugo aprobará esta semana, en Xunta de Goberno, a Memoria, correspondente á Fase XVII, do Programa de Rehabilitación no Centro Histórico da cidade, ao abeiro das axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea – Next Generatión.

Nesta convocatoria, - que como até o de agora se xestionará dende a Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Evislusa) - o Executivo local proxecta rehabilitar un total de 57 vivendas, ubicadas no recinto amurallado.

A colaboración suporá un desembolso total de 1.960.691 euros, dos que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana asumirá 997.311 €, o Concello 239.412 € e os promotores particulares 723.967 €

A rexedora explicou que, “con estas achegas, 35 inmobles poderán reducir entre o 30% e o 45% o seu consumo de enerxía primaria non renovable, mentres que 12 acadarán unha diminución de entre o 45% e o 60% e 10 edificacións rebaixarán a súa demanda de enerxía por riba do 60%”.

Dende o seu orixe, estas axudas levan contribuído a impulsar a reforma de 636 vivendas (354 nas seis primeiras fases e 282 máis ata a 14 edición) e máis dunha vintena atópanse en tramitación.

A rexedora manifestou o compromiso permanente e absoluto do Goberno municipal por continuar avanzando na humanización e dinamización de todos e cada un dos barrios de Lugo.

“No caso do recinto amurallado, esta obedece a unha recuperación urbanística pero tamén comercial, a través dos viveiros municipais que impulsamos na Tinería e coa que tamén quixemos corrixir a degradación social que lle afectaba á zona. Unha mellora que se fará máis evidente cando conclúan tamén as obras de peonalización proxectadas na contorna e que xa se atopan en curso”, incidiu Lara Méndez.

0.18667817115784