O Goberno local de Lugo propón un novo servizo para manter a rede de abastecemento e saneamento de auga

LugoXa
"Este importante investimento reforza o noso compromiso coa cidadanía para asegurar un sistema de abastecemento e saneamento eficiente e ben mantido"
abastecemento-e-saneamento-Lugo
6 Nov 2024

O Goberno local de Lugo propón a contratación dun novo servizo dedicado á reparación de avarías e labores de apoio e mantemento da rede de abastecemento e saneamento de auga da cidade.

Este contrato, cuxa tramitación aprobarase en Xunta de Goberno local, e que conta cun orzamento base de licitación de 423.500 euros anuais, permitirá reforzar o mantemento de infraestruturas críticas e garantir unha resposta rápida e eficiente ante posibles incidencias, en beneficio de toda a cidadanía.

“A novo operativo englobará a rede de abastecemento e saneamento, algo que nos vai permitir prestar un servizo integral que ademais vai acurtar o tempo de resposta respecto ao momento actual”, sinalou o responsable en funcións de Transición Ecolóxica.

"Ademais, este importante investimento reforza o noso compromiso coa cidadanía para asegurar un sistema de abastecemento e saneamento eficiente e ben mantido, ampliando a atención ás necesidades de Lugo en todo momento," subliñou Repetto, que destacou que con esta medida o Concello garante a continuidade e calidade dun servizo esencial para todas as e os  lucenses, e contribúe a unha xestión máis sostible e eficiente dos recursos hídricos.

O servizo especializado estará operativo durante un ano con opción a prórroga por outro adicional. E esta nova contratación busca mellorar a atención ás avarías que se producen fóra do horario habitual da brigada de augas, reforzando o operativo activado nos últimos meses e asegurando un servizo de emerxencias dispoñible en todo momento.

A distribución do orzamento contempla 302.500 euros anuais para a rede de abastecemento e 121.000 euros para a rede de saneamento, adaptándose ás necesidades específicas de cada área. Polo que o valor estimación total do contrato, incluíndo a posible prórroga, supera os 700.000 euros.

0.11568808555603