O Goberno local de Lugo quere poñer en marcha unha campaña de dinamización do comercio local no Nadal

LugoXa
“Desde o Concello estamos a traballar con iniciativas que permitan manter o comercio local activo e atractivo durante todo o ano", sostivo a alcaldesa
Paula-Alvarellos-visita-o-comercio-local-Lugo
29 Out 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada do concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, e do presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, visitou a iniciativa mensual Comercio na Rúa, na que colaboran o Concello e a Federación.

Durante o percorrido, Alvarellos compartiu cos comerciantes o obxectivo do Goberno local de poñer en marcha unha campaña de dinamización do comercio local e de proximidade coincidindo coas datas de Nadal, para respaldar a súa actividade, que será presentada nas próximas semanas.

Neste sentido subliñou que “este esforzo compartido non só xera riqueza, senón que tamén asegura que os negocios locais poidan manter postos de traballo de calidade, fortalecendo así a nosa economía e identidade de cidade”, e engadiu que “desde o Concello estamos a traballar con iniciativas que permitan manter o comercio local activo e atractivo durante todo o ano, ofrecendo novas oportunidades de dinamización ao longo dos próximos meses".

 

0.15517401695251