O graffiti de Julio César foi seleccionado pola maior comunidade de arte urbana

LugoXa
A plataforma Street Art Cities recolle a obra elaborada por Diego As nun muro de 20 metros na Rolda da Muralla.
graffiti lugo julio cesar
26 Ago 2021

O graffiti de Julio César, que lembra o pasado romano da cidade, foi seleccionado como unha das obras do mes de agosto pola comunidade Street Art Cities, a maior plataforma de arte urbana do mundo. A obra, elaborada por Diego As –campión de España de graffiti–, foi impulsada con motivo do Arde Lvcvs deste ano. Atópase nun muro de 20 metros de alto, na Rolda, mirando cara a Muralla de Lugo.

Neste senso, dende o Concello subliñan que “esta distinción é un orgullo para a cidade e para os lucenses, pois significa que a obra está a dar a volta ao mundo, e polo tanto conseguimos dar a coñecer e por en valor Lugo e o noso pasado romano”.

Street Art Cities é unha comunidade internacional destinada a compartir e encontrar arte urbano. Trátase dunha plataforma na que se achega información dos murais de cada cidade, onde localizalos e información de cada un deles, como por exemplo, o nome do artista, como fixo a súa obra ou onde localizala. Actualmente xa ten rexistradas máis de 34.000 obras de arte dunhas 900 cidades, e ao redor de 90 países.

Na súa conta de instagram (@streetartcities), que conta con máis de 33,5 mil seguidores, atópase publicada unha fotografía do graffiti como unha das obras do mes, a nivel mundial.

0.20327806472778