O Grupo de teatro Achádego ofrece un paseo teatral sobre mulleres destacadas no cemiterio de Lugo

LugoXa
A Programación de Primavera do Cemiterio de San Froilán inicia unha nova temporada de visitas teatralizadas que recuperan a memoria histórica da cidade
paseo-teatral-cemiterio-Lugo
13 Mar 2026

O Grupo de teatro Achádego organizará unha serie de paseos teatrais dentro da Programación de Primavera do Cemiterio de San Froilán, rememorando a vida e o legado de persoeiros destacados de Lugo.

A primeira sesión, que terá lugar o domingo 15 de marzo, centrarase nas mulleres relevantes que deixaron unha marca imborrable na sociedade lucense. Coa súa interpretación, o Grupo de teatro Achádego revivirá as historias destas figuras femininas, como Matilde, a primeira soterrada no cemiterio de San Froilán, Ángela Pardo Celada, a primeira xinecóloga e pediatra lucense, ou María Paz, a primeira muller oftalmóloga en exercer no Hospital Provincial de Lugo.

A Programación cultural de Primavera no Cemiterio de San Froilán dá comezo así a unha nova temporada de visitas teatralizadas nos tardeos de domingo, nas que se lembra a memoria histórica da cidade a través de homes e mulleres que deixaron a súa impronta, contribuíndo á conservación da Memoria viva de Lugo.

0.13927102088928