O grupo de teatro Andanzas presenta 'El caso de la mujer asesinadita' en Cervo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Mar 2019

O grupo de teatro Andanzas de Viveiro representará este sábado, 30 de marzo, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura en San Cibrao, a obra de teatro 'El caso de la mujer asesinadita' de Miguel Hihura e Álvaro de la Iglesia.

A obra de teatro presenta a Mercedes, unha muller adiñeirada que comparte a súa aburrida vida co seu marido Lorenzo e os criados Teresa, Rosura e Renato, nun chalet ás aforas. Unha noite, Mercedes ten un estraño soño no que un matrimonio, acompañado dun nativo americano, irrumpe na súa casa afirmando que é o seu propio domicilio, negándose a saír e ameazando con que chamarían á policía si Mercedes non sae da súa casa. No diálogo que se establece o matrimonio recoñece ter asasinado á anterior esposa del. Ó espertar, Mercedas dáse conta que o home casado do seu soño non é outro ca o seu propio marido.

0.18687295913696