O grupo Nihil Novum achega a música medieval e renacentista este sábado a Lugo

LugoXa

O Vello Cárcere acolle este sábado 6 de abril a actuación do grupo Nihil Novum a partir das 19.

Nihil Novum
Nihil Novum
2 abr 2024

O Vello Cárcere acolle este sábado 6 de abril a actuación do grupo Nihil Novum a partir das 19.00 horas. Contará coa soprano Alma Senlle, Xosé María Grandío a cargo das violas medievais, órgano portativo e coros e Txuso Juaristi nas guitarras e laúdes. O trío, formado en Lugo no ano 2018, ten como obxectivo primordial dar a coñecer a inmensa riqueza da música medieval e renacentista, nas que se enmarcan as cantigas de Santa maría e de trobadores galaico-portugueses, a música cortesá e a de raíz popular así como as cancións tradicionais sefardís.

En cada unha das súas interpretacións, Nihil Novum explora as posibilidades destas composicións para transmitir a súa beleza ao público actual, adaptando voces e instrumentos para os seus recitais, pero mantendo a fidelidade ás fontes de textos e melodías.

A concelleira de Cultura, turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou o concerto afirmando que siguen "ampliando a programación cultural de Lugo con distintas propostas de calidade para que toda a veciñanza atope algo do seu gusto na extensa axenda cultural de Lugo".