O grupo Tanxugueiras actuarán en Burela en decembro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
16 Nov 2019

O grupo de pandeireiteias Tanxugueiras recalará en Burela no marco da Xira Contrapunto 2019-2020. O concerto promovido polo Concello de Burela será o 14 de decembro, no auditorio municipal burelés.

A apertura de portas farase ás 20.30 horas e aproximadamente media hora despois comezará o concerto, dun grupo que conta con cada vez máis número de seguidores.

A entrada anticipada custa 10 euros e 14 en taquilla. Pódense adquirir tamén en Enterticket e hai máis información na web de www.tanxugueiras.com.

0.087173223495483