O Guntín Futsal abre unha nova actividade de fútbol biberón para nenos e nenas de 2021 a 2023

LugoXa
As sesións celebraranse os mércores pola tarde no pavillón municipal, de 16:45 a 17:45 horas
pavillón-Guntín
31 Oct 2026

O Guntín Futsal pon en marcha unha nova actividade de fútbol biberón dirixida aos máis pequenos, con idades correspondentes aos anos de nacemento 2021, 2022 e 2023. A iniciativa busca achegar o fútbol sala aos nenos e nenas desde as primeiras etapas, nun espazo pensado para xogar, divertirse e dar os seus primeiros pasos no deporte.

As sesións desenvolveranse todos os mércores no pavillón de Guntín, en horario de 16:45 a 17:45 horas. A proposta tamén pretende favorecer a convivencia entre os participantes, fomentar as relacións de amizade e introducir os hábitos deportivos a través do xogo.

As familias interesadas en inscribir os seus fillos poden solicitar información e formalizar a matrícula a través do teléfono 668 558 924, preguntando por Adrián.

0.15275096893311