O Guntín volve á primeira división autonómica

LugoXa
O Club Deportivo Guntín volve á primeira división autonómica tras vencer ao Chantada B por tres goles a cero
CD Guntin ascenso
CD Guntin ascenso
17 Abr 2023

O CD Guntín conseguiu esta fin de semana o ascenso directo a primeira división autonómica tras vencer por 0-3 ao Chantada B.

O encontro, disputado no Sangoñedo, rematou cunha cómoda vitoria para o equipo visitante, dirixido por Hugo Vázquez , que coa derrota do Friol ante o Paradela conseguía o ascenso.

Os tres goles do partido foron anotados por Daniel, Sergio e Adrián.

0.19075179100037