O Gustavo Freire acolle unha homenaxe a Darío Xohán Cabana

O día 16 de novembro de 2021 faleceu o escritor Darío Xohán Cabana e con motivo do seu cabodano dende o entorno máis cercano ao escritor convocan un acto na súa homenaxe e lembranza que terá lugar hoxe ás 19.00 no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Durante o acto haberá breves intervencións con música e palabras de vinte persoas, (escritores, músicos, compañeiros, amigas e amigos) que recordarán a figura de Darío que deixou unha inmensa obra literaria que nos legou para sempre.