O histórico xogador da Cultural Leonesa, Kevin Presa, elixe o Club Deportivo Lugo como novo destino

O Club Deportivo Lugo pechou a incorporación do centrocampista galego Kevin Presa para a tempada 2025/26. O xogador, natural de Ponteareas e nado en 1994, chega ao equipo albivermello achegando unha ampla traxectoria no fútbol estatal e máis de 250 partidos oficiais entre a Primeira Federación e a antiga Segunda B, destacando polo seu equilibrio, visión táctica e capacidade de liderado.
Aos seus 31 anos, Presa regresa a Galicia tras militar en equipos como o UE Cornellà, o Racing de Ferrol ou o Pontevedra CF. Nos últimos tres anos foi unha peza clave na Cultural e Deportiva Leonesa, onde tivo un papel destacado en cada campaña. De feito, na tempada 2024/25 logrou o ascenso á Segunda División co conxunto leonés, proclamándose campión do Grupo 1 da Primeira Federación.
O futbolista asinou contrato por unha tempada, con opción a unha segunda en función do cumprimento de obxectivos establecidos.