O HULA organiza unha gala benéfica para recadar fondos para o parque infantil Murallalandia

LugoXa
O espectáculo celebrarase o xoves 12 de novembro no Auditorio Fuxan os Ventos e contará con actuacións de baile urbano, canto en directo, maxia e baile caribeño
HULA-hospital-Lugo-portada
9 Nov 2026

O Departamento de Humanización do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) organizará o vindeiro xoves 12 de novembro unha gala benéfica a favor de Murallalandia, o parque infantil da área de Pediatría do centro hospitalario.

A cita, que terá lugar no Auditorio Fuxan os Ventos a partir das 19:30 horas, ofrecerá unha tarde de entretemento e solidariedade con diferentes propostas artísticas, entre elas actuacións de baile urbano, canto en directo, maxia e baile caribeño.

A iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para Murallalandia. As entradas terán un prezo de 10 euros e poderán adquirirse na billeteira do auditorio o mesmo día do espectáculo, a partir das 18:00 horas.

0.14319396018982