O IES Leiras Pulpeiro acolle o II Mercadillo Solidario Murallalandia para crear un parque infantil no HULA

LugoXa
A cita celebrarase no patio do centro educativo con postos de xoguetes, libros, roupa e artesanía para recadar fondos destinados aos nenos hospitalizados
mercado-solidario-IES-Leiras-Pulpeiro-Lugo-Murallalandia
20 May 2026

O IES Leiras Pulpeiro acollerá este mércores, 20 de maio, a segunda edición do Mercadillo Solidario Murallalandia, unha iniciativa solidaria que se desenvolverá no patio do centro educativo entre as 10.00 e as 20.00 horas co obxectivo de recadar fondos para a creación dun parque infantil no Hospital Lucus Augusti.

Todo o diñeiro obtido durante a xornada destinarase integramente a este proxecto, pensado para facer máis levadeira a estancia dos nenos e nenas ingresados no hospital lucense. Dende a organización animan á veciñanza a participar e colaborar nesta causa solidaria.

Durante o mercadiño poderanse atopar diferentes postos con xoguetes, libros, roupa, artesanía e outras sorpresas preparadas para a ocasión. A actividade conta coa colaboración de distintas entidades e persoas implicadas nesta iniciativa benéfica.

Os organizadores destacan que Murallalandia busca combinar solidariedade e convivencia nun ambiente familiar e aberto a toda a cidadanía, ao tempo que contribúe a mellorar os espazos destinados á infancia no HULA.

0.11955714225769