O II Open Jóvenes Promesas chegará a Lugo o 21 de febreiro cun cartel reforzado

LugoXa
O pavillón Daniel Cordido acollerá máis de 40 combates das categorías Junior, Joven e Élite
boxeo-lugo
22 Dec 2025

Lugo será escenario o vindeiro 21 de febreiro da segunda edición do Open Jóvenes Promesas, unha cita que regresa con máis forza e ambición ca nunca e que se celebrará no pavillón Daniel Cordido.

O evento experimenta este ano un importante crecemento e contará cun programa que incluirá máis de 40 combates nas categorías Junior, Joven e Élite.

O torneo naceu co obxectivo de servir de escaparate para os novos talentos do boxeo, ofrecéndolles a oportunidade de demostrar o seu nivel sobre o ring nunha competición pensada especificamente para impulsar as promesas emerxentes deste deporte.

As inscricións para participar permanecen abertas ata o 30 de xaneiro e as persoas interesadas deberán enviar a folla de inscrición ao enderezo de correo electrónico openlugo@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.078975915908813