O libro 'Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico-Artístico do Valadouro' será presentado o 20

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O
16 Dec 2019

O libro Inventario do Patrimonio Cultural e Histórico-Artístico do Valadouro de Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, foi editado coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Alfoz. Trátase dun amplo compendio do patrimonio de todo o Val do Ouro organizado por parroquias tanto do Concello de Alfoz coma do Concello do Valadouro.

A presentación terá lugar o venres 20 de decembro, ás 18.00 horas, no Castelo do Castro de Ouro de Alfoz, coa presenza de Pilar García Porto, representante da Deputación Provincial de Lugo; Jorge Val Díaz, Alcalde de Alfoz; os autores do libro, así como os numerosos colaboradores e colaboradoras neste gran traballo, editado en 2 tomos, de investigación e recuperación cultural, histórica e artística. 

0.16183400154114