O libro 'O violín que trae o vento' Adrián Méndez será presentado en Lugo

LugoXa
O autor, e músico de De Ninghures, homenaxea á violinista Modesta Fernández nun acto na Capela de Santa María
Adri-Méndez-De-Ninghures
5 Nov 2025

A Capela de Santa María, en Lugo, acollerá este xoves 6 de novembro, ás 20.00 horas, a presentación de O violín que trae o vento, o novo proxecto editorial e musical de Adrián Méndez, escritor e integrante do grupo galego De Ninghures.

A obra, publicada por Creacións, combina libro e disco para recuperar a figura de Modesta Fernández, coñecida como “A cega de Noceda”, unha violinista da Fonsagrada que deixou unha profunda pegada na tradición musical galega.

O traballo, no que tamén participan Xulia Feixóo e Begoña Rojo, mergúllase na vida e legado dunha artista singular, trazando unha historia chea de viaxes, memoria e emocións arredor dun patrimonio musical que sobreviviu ao paso do tempo grazas á transmisión oral e á paixón polos sons rurais.

O evento contará, ademais, coa actuación musical de María Jorge, que acompañará a presentación con interpretacións inspiradas na tradición e no universo emocional da obra.

⚙ Configurar cookies
0.072396039962769