O Lugo Sala acollerá unha xornada de portas abertas para categorías femininas

LugoXa
O vindeiro luns 23 e 24 de agosto o club Lugo Sala acollerá unha xornada de portas abertas para categorías femininas
lugo sala portas abertas
20 Ago 2021

O vindeiro luns 23 e 24 de agosto ás 20.00 horas no Pazo de Feiras de Lugo o club Lugo Sala acollerá unha xornada de portas abertas para categorías femininas desde a prebenxamín ata a sénior.

A través desta iniciativa a entidade busca dar entrada a novas xogadoras para que sumando forzas o deporte femino teña máis auxe.

Os interesados deberán poñerse en contacto co club nos teléfonos 687 632 004 ou 616 034 789 ou no correo escuela@lugosala.com.

0.16190695762634