O luns abre o prazo para solicitar as inscricións nos campamentos urbanos de verán

O Concello de Outeiro de Rei vai abrir o prazo de inscrición para os Campamentos Urbanos, que se realizaran do 29 de xuño ao 3 de xullo, dirixidos a nenos e nenas de 4 a 7 anos, e do 6 ao 10 de xullo, para os nenos e nenas de 8 a 12 anos.
Nos campamentos realizaranse actividades como obradoiros, xincanas, xogos de equipo, viaxe ao parque acuático de Cerceda, etc.
Teñen un custe de 30 euros o primeiro e de 40 euros o segundo, cotas que deberán aboarse sempre antes de rematar o prazo de inscrición.
Para os rapaces/as de 1º a 4º da ESO e de 1º de BAC o Concello oferta a iniciativa Mocidade en Acción, iniciativa na que está previsto ir o día 25 de xuño ao parque Aquapark de Cerceda e o día 7 de xullo a Viveiro.
Esta actividade oferta un total de 25 prazas e ten unha cota de 15 euros.
As cotas establecidas incrementaranse 10 euros no caso de participantes non empadroados en Outeiro de Rei.
Ao ser limitado o número de prazas (30 por campamento e 25 no caso de Mocidade en Acción) estas cubriranse por rigorosa orde de solicitude tendo preferencia oss empadroados no concello e o alumnado do CEIP Laverde Ruíz con respecto ás solicitudes de fóra.
O prazo para anotarse permanecerá aberto do 4 ao 29 de maio ou ata cubrir prazas.
Pódense reservar as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 39 34 08.