O luns, o Concello de Alfoz abrirá de novo a biblioteca municipal
O luns 18 de maio o Concello de Alfoz abrirá de novo as instalacións da biblioteca municipal.
Foron preparadas para a súa reapertura coa limpeza e desinfección diaria do edificio (entrada principal, acceso, biblioteca e baños) e equipos de traballo, a ventilación diaria do espazo, a organización das áreas de acceso e circulación da biblioteca, marcando as distancias de seguridade, a colocación de mampara de separación na mesa de traballo da bibliotecaria, a colocación de xel hidroalcohólico na entrada da biblioteca e entrega de máscaras para os usuarios/as que carezcan delas.
Contan ademais cun espazo habilitado para depositar libros e demáis materiais devoltos polos socios. Estas devolucións serán depositadas en caixas na aula OMIX durante 14 días antes de ser devoltos aos fondos da biblioteca para novos préstamos.
Todos os usuarios da biblioteca deberán respetar as normas hixiénico-sanitarias, de seguridade e de uso dos espacios, equipamento e materiais da Biblioteca Pública de Alfoz.
O aforo total permitido é de 6 usuarios.