O Mago Antón recibe o Premio Mil Primaveras Máis polo seu compromiso coa lingua e a cultura galega

GaliciaXa | LugoXa
Marica Campo, galardoada na edición anterior, foi a encargada de entregarlle o recoñecemento nun acto celebrado na Despensa do Saa
premio-mil-primaveras-mais-mago-anton
14 Jun 2026

O Mago Antón foi distinguido co Premio Mil Primaveras Máis nun acto celebrado na Despensa do Saa que reuniu numeroso público e no que se recoñeceu a súa longa traxectoria de compromiso coa lingua e a cultura galega.

A escritora e animadora cultural, Marica Campo, gañadora deste galardón na edición de 2025, foi a encargada de facer entrega do premio que pon en valor unha carreira de medio século na que o ilusionista levou os seus espectáculos por toda Galicia empregando o galego como lingua vehicular. Ao longo destes 50 anos, o Mago Antón combinou a divulgación da maxia coa defensa do uso social da lingua propia, reivindicando o patrimonio cultural.

0.13911485671997