O Mercado Municipal de Lugo mellora os seus servizos ao habilitar unha sala de lactancia

LugoXa
O Mercado Municipal acaba de habilitar unha nova sala de lactancia para aumentar os servizos dispoñibles na instalación.
sala_lactancia_mercado_muniicpal
sala_lactancia_mercado_muniicpal
21 mar 2024

O Mercado Municipal acaba de habilitar unha nova sala de lactancia para aumentar os servizos dispoñibles na instalación. O espazo ubicado no Mercado de Quiroga Ballesteros está equipado para que as mulleres lactantes poidan atender ao coidado e ás necesidades das nenas e nenos. A sala estará dispoñible durante todo o horario de apertura das instalacións, e para utilizala, poderase pedir a chave contactando co persoal do Mercado ou en tres dos postos do Mercado: Restaurante Mangiarte, Churrería La Modernita e Quesería Gerardo.

A concelleira de Participación, Cristina López, agradeceu "a implicación" dos distintos negocios do Mercado coa promoción deste espazo. Deste xeito, seguen a traballar para facer da Praza e do Mercado lugares de referencia para o comercio local, “poñendo novos servizos a disposición de toda a veciñanza para que decidan achegarse a estas instalacións a facer as súas compras".

O Mercado Municipal e a Praza de Abastos contan cunha importante programación de actividades para a promoción dos espazos e dos distintos negocios ubicados neles, desde obradoiros infantís para facilitar a conciliación familiar nas mañás dos sábados, ata distintos eventos como o festival de tatuaxes que terá lugar esta fin de semana no soto da Praza.