O MIHL acolle tres actuacións de artistas galegos dentro do ciclo Lugo en Danza

LugoXa
O ciclo Lugo en Danza programa a representación de tres pezas cortas de artistas galegos para a próxima semana no MIHL
Lugo en Danza portada
25 Ago 2022

O ciclo Lugo en Danza programa a representación de tres pezas cortas de artistas galegos para a próxima semana, seguindo o formato de traballos que se verán nos dias seguintes dentro da programación do Festival Cartografía en Movemento, que celebra xa a súa undécima edición.

Este primeiro evento de Lugo en Danza á volta do verán terá lugar no museo MIHL o día 1 de setembro ás 20.00 coas seguintes actuacións Onde pousa a humidade de Marcia Vázquez, Minguantes da Compañia Entremáns e Alleo do Colectivo Glovo.

A programación de Lugo en Danza continuará unha vez o mes durante o que queda de ano apostando a área de Cultura de Lugo por unha programación estable de danza.

0.18197894096375