O Mondoñedo Fútbol Club organiza unha cea con baile
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
12 Nov 2019
O Mondoñedo Fútbol Club convida a todo aquel que desexe asistir a unha cea baile que terá lugar o sábado, 23 de novembro, ás 22.30 horas, no Casino mindoniense. O aforo é limitado polo que convén reservar mesa canto antes.
Nos locais O Rincón de Mondoñedo, cafetería Segundo e O Palique pódense mercar as entradas para asistir a un banquete no que haberá sorteos.
O menú da cea consistirá en empanada, paella, carrilleiras, ademais do postre, do café e do chupito e por suposto, viños tanto Ribeiro, como Rioja.
O prezo da cea por comensal é de 25 euros e a música para o baile apórtaa Eventec Discomóvil.