O Moto Club Lostregos Lucus organizará un curso de seguridade viaria para motoristas en Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
A actividade, que se celebrará o 15 de agosto, busca mellorar a técnica de condución e a resposta ante situacións de risco
curso-de-Técnicas-de-seguridad-vial-en-moto-Lugo
30 Jul 2026

O Moto Club Lostregos Lucus celebrará o vindeiro 15 de agosto un curso de técnicas de seguridade viaria en motocicleta dirixido a persoas afeccionadas ás dúas rodas que desexen perfeccionar a súa condución e adquirir maiores coñecementos para circular con seguridade.

A iniciativa conta un ano máis coa colaboración do Concello de Outeiro de Rei, que cederá as instalacións do circuíto municipal para o desenvolvemento das sesións prácticas e teóricas previstas durante a xornada.

Segundo explican desde a organización, a actividade está deseñada para un máximo de 12 participantes co fin de ofrecer unha formación máis personalizada. O curso está aberto a motoristas de calquera nivel de experiencia, desde persoas que se iniciaron recentemente ata condutores habituais que queiran mellorar as súas habilidades.

O principal obxectivo da formación é reforzar a técnica de condución e dotar aos participantes de ferramentas para afrontar con maiores garantías diferentes situacións de risco que poden producirse na estrada.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición chamando ao teléfono 619 98 78 09.

0.12017607688904