O MPDL organiza en Lugo unha sesión informativa sobre a regularización extraordinaria

LugoXa
O encontro celebrarase o 16 de xuño na Casa das Asociacións María Mariño e servirá para resolver dúbidas sobre os requisitos, os antecedentes penais e a obtención do permiso de traballo
Casa-das-Asociacións-Lugo-Casa-María-Mariño
13 Jun 2026

O Movemento pola Paz (MPDL) celebrará en Lugo unha sesión informativa sobre o proceso de regularización extraordinaria, co obxectivo de aclarar dúbidas e ofrecer acompañamento ás persoas que se atopen en situación administrativa irregular.

A xornada terá lugar o martes 16 de xuño ás 19.00 horas na Casa das Asociacións María Mariño.

Durante a sesión abordarase que sucede tras a presentación da documentación para a regularización extraordinaria, así como cuestións prácticas relacionadas cos requisitos, os antecedentes penais ou os prazos para a chegada do permiso de traballo.

Desde a Área de Asesoría Xurídica do MPDL lembran que ofrecen asesoramento e acompañamento gratuíto durante todo o proceso de regularización. A entidade sinala que o encontro está pensado para informar, resolver dúbidas e apoiar ás persoas interesadas neste procedemento.

0.15504312515259