O Museo das Zocas de Mondoñedo promociónase cunha camiseta

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Nov 2019

O zoqueiro Alberto Geada, responsable do Museo das Zocas de Mondoñedo, continúa dando a coñecer o seu orixinal traballo, no que non só crea zocas novas, de novo cuño, senón que tamén anima a facerse cunha camiseta que promocionará este museo seu mindoniense.

Quen queira pode facerse coa camiseta que leva o texto 'Museo Zocas Mondoñedo' e un escudo. Deste xeito levarán polo mundo adiante a imaxe do museo, dándoo a coñecer.

O zoqueiro promove durante o ano visitas guiadas nas que explica o seu oficio tradicional e promociona o traballo artesanal doutros sectores organizando sesións nos seus talleres abertas ao público.

0.097334861755371