O Museo e Centro de Interpretación de Monterroso estará aberto todos os días de feira

LugoXa
O programa de rutas de sendeirismo Goza do Ulla 2023 volve este ano con máis forza poloo vinte concellos do río
centro interpretacion monterroso 1 1
30 Ago 2023

O Museo e Centro de Interpretación, Monterroso, a vila das feiras, estará aberto o día 1 de setembro en horario de 11.00 a 13.00 horas para quen queira visitalo.

O Concello decidiu abrilo ao público todos os días 1, coincidindo coa feira mensual, ata que se determine o novo horario de apertura continuado.

O museo alberga restos históricos de diferentes épocas, algúns prehistóricos e outros atribuíbles a diferentes etapas e movementos artísticos, e de moi diferentes temáticas, como culinaria, espiritual, festiva, artística ou documental, entre outras. Este proxecto expositivo está pensado para todos os públicos.

Situado no antigo centro de saúde, o centro dispón de tres andares que permiten unha exposición permanente, exposicións temáticas, almacén, obradoiro de restauración e intervención das pezas que o necesiten ou un arquivo documental.

Aqueles grupos que desexen facer visitas guiadas deben poñerse en contacto co Concello de Monterroso para concertar data e hora.

_centro interpretacion monterroso 1
0.19783306121826