O Museo Provincial de Lugo inaugura a mostra ‘Historia postal de Lugo. S. XVIII–XX’

LugoXa
A exposición, da colección de Andrés García Pascual, abrirase ao público o xoves 19 ás 19:00 horas
exposición-Museo-Historia-postal-de-Lugo
16 Feb 2026

O Museo Provincial de Lugo inaugurará este xoves 19 de febreiro ás 19:00 horas a exposición ‘Historia postal de Lugo. S. XVIII–XX’, unha proposta que convida a realizar un percorrido pola memoria epistolar da cidade a través de cartas, selos e marcas postais que testemuñan a evolución das comunicacións, do territorio e da identidade lucense ao longo de dous séculos.

A mostra está composta por pezas pertencentes á colección de Andrés García Pascual, cuxo labor de investigación e conservación fixo posible reconstruír con detalle e rigor a historia postal de Lugo desde o século XVIII ata o XX. A iniciativa destaca pola paixón polo coleccionismo e polo coidado do patrimonio documental que permite achegar ao público unha visión singular da historia local a través da correspondencia.

O acto de inauguración contará coa participación de Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, e de Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo, nun evento que reivindica o valor da memoria escrita e lembra que a historia tamén viaxa en sobre pechado.

⚙ Configurar cookies
0.085108041763306