O Museo Provincial de Lugo recibiu un busto de Evarista Correa Calderón

LugoXa
Trátase dunha peza de escaiola pintada realizada polo escultor e ceramista compostelán Santiago Rodríguez Bonome
busto-de-Evarista-Correa-Calderón-Museo-Provincial-de-Lugo
30 Nov 2024

A deputada de Cultura Iria Castro e a directora do Museo Provincial de Lugo recepcionaron un busto de Evarista Correa Calderón (1899-1986), que a familia do escritor e xornalista lucense doa ao Museo Provincial de Lugo, onde está exposta no marco da exposición conmemorativa do centenario da revista Ronsel.

Trátase dunha peza de escaiola pintada realizada polo escultor e ceramista compostelán Santiago Rodríguez Bonome (1901-1995) que formou parte do equipo de redacción da publicación fundada por Correa Calderón.

Iria Castro e Aurelia Balseiro agradeceron a xenerosidade da filla do fundador de Ronsel, que formalizou a doazón. A incorporación da peza amplía os fondos de arte galega contemporánea do Museo Provincial de Lugo.

A mostra "Ronsel.100 anos despois" promovida pola Fundación VAC-AN pode visitarse na Sala de Exposicións Temporais do Museo Provincial de Lugo, onde se inaugurou o pasado 27 de setembro, cunha escolma de obras e documentos seleccionadas para conmemorar o centenario dunha publicación que acolleu o discurso das vangardas artísticas en Galicia e no resto de Europa.

0.16857194900513