O novo auditorio de Magoi abrirá no Nadal

LugoXa
Na sesión plenaria, os populares volveron a esixir a apertura das instalacións e votaron en contra de subir o recibo da auga, do IBI e da plusvalía.
auditorio_magoi2
26 Sep 2024

o auditorio de Magoi protagonizou o último pleno municipal, o primeiro deste novo curso político. Na sesión plenaria, os populares volveron a esixir a apertura das instalacións que permanecen pechadas e cuxa construcción rematou fai oito anos por parte da Xunta. Neste senso, o Goberno local anunciou que a infraestrutura abrirase ao público no mes de Nadal

“Todo o que foi dotación pagouse coas bonificacións fiscais que se lle deron á Xunta nos edificios da cidade”, lembrou Paula Alvarellos. A alcaldesa quixo destacar que se lles entregou, hai xa catro anos, “un edificio moi bonito pero nun estado deplorable, cunha execución técnica que lle custou aos lucenses máis de 500.000 euros”.

No pleno, o goberno do PSOE e BNG aprobou, co voto en contra do PP, subir o recibo da auga, do IBI e da plusvalía. Elena Candia pediu a  PSOE e BNG que explicasen aos lucenses en que van a investir os 4,5 millóns que recadarán co incremento destes impostos. Aseguran que as subas son inxustificadas e que están malgastando diñeiro e que pretenden que os esforzos dos cidadáns se destinen a proxectos sen valor engadido, sinalando as Caldas, o carril bici ou o Impulso Verde.

Na xornada, tamén tomou posesión Damián Carballo, que xurou o seu cargo en substitución de Enrique Rozas. Este mozo empresario do sector da hostalería está vinculado ao mundo do deporte e participa de forma activa do Arde Lucus. Será a partir de agora responsable das áreas de Educación e Xuventude.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14017796516418