O Goberno declara o estado de alarma e impón un toque de queda

TerraChaXa | LugoXa
O Consello de Ministros celebrado esta mañana acordou declarar un novo estado de alarma tal e como solicitaban varias comunidades autónomas e debido ao incremento dos datos de contaxio de coronavirus.
IMG_20200227_173827_1
25 Oct 2020

O Consello de Ministros celebrado esta mañana acordou declarar un novo estado de alarma tal e como solicitaban varias comunidades autónomas e debido ao incremento dos datos de contaxio de coronavirus.

A medida máis clara é fixar un toque de queda obrigatorio para toda España, agás Canarias, entre as 23:00 e as 6:00 horas, aínda que deixa ás comunidades autónomas a potestade de atrasar ou adiantar a súa activación unha hora respecto a esa franxa.

Así o anunciou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, ao termo da reunión.

O estado de alarma entrará en vigor en toda España desde esta mesma tarde e polo menos durante o próximos quince días, aínda que coa intención do Goberno é prolongalo durante seis meses, en concreto ata o 9 de maio de 2021.

(NOTICIA EN AMPLIACIÓN)

0.16667509078979