O obradoiro de emprego 'Sendas de Burela, Cervo e Xove VI', iniciou a súa actividade con 20 alumnos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
29 Nov 2019

O rexedor, Alfonso Villares, participou na presentación do taller, xunto ao delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, aos seus homólogos de Xove e Burela, e aos integrantes e persoal docente desta iniciativa formativa que en Cervo estará enfocada ao ámbito da xardinería e os traballos forestais.

En canto aos proxectos que acometerán no noso municipio centraranse no mantemento e mellora de parques e xardíns municipais -parque Reina Sofía de San Ciprián- e parque das Lobeiras de Cervo- e de numerosos espazos verdes de distintos puntos do concello. En concreto, en San Ciprián está previsto traballar na zona da Veiga, entorno da rúa Aduana, Praza do Lugar, Praza dos Campos, área verde adxacente á capela, contorna da antiga fábrica de salazón e rotondas das avenidas da Mariña e da Veiga. Tamén na rotonda da avenida de Galicia de Cervo e na zona da ponte medieval de Lieiro, entre outras.

Alfredo Llano explicou que “ten unha duración de nove meses. Comezaron onte e a partir do 15 ou 16 de xaneiro xa se van poñer a pintar, porque de momento empezan con temas teóricos. Van facer traballos no noso concello que van ser pinturas de interiores, pinturas en exteriores e marcados de sinalización horizontal. Penso que van ter bastante traballo e desde logo o que vemos de positivo é que, unha vez rematado este traballo, a xente á que lle guste e pode valer teña unha oportunidade de inserción laboral”.

Así mesmo, está previsto continuar coa creación e mellora de xardíns na zona das vivendas sociais da Atalaia de San Ciprián e coa limpeza e rexeneración do bosque autóctono situado no entorno do polígono de Cuiña.

0.16283011436462