O orador Óscar Rodríguez foi recoñecido polos seus éxitos nun acto na Delegación da Xunta en Lugo

LugoXa
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias interesouse polo Torneo Lugo Debate, un proxecto que conta no equipo organizador con Óscar Rodríguez
Óscar-Rodríguez-oratoria-coa-Xunta
1 Nov 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, recibiu a Óscar Rodríguez de Vivero, para felicitalo polos seus éxitos en campionatos de oratoria e debate, xa que se proclamou campión da Liga Española de Debate Universitario e subcampión do Mundial de Oratoria, disputado na Universidade de Belgrado, en Arxentina.

Para o delegado “é unha satisfacción constatar o talento da mocidade lucense, especialmente en disciplinas coma esta, que estimulan o diálogo e o pensamento crítico”, e destacou que os valores destes certames “coinciden cos obxectivos estratéxicos da Xunta en materia de educación, cultura e xuventude”.

Arias, ademais, interesouse polo Torneo Lugo Debate, un proxecto que conta no equipo organizador con Óscar Rodríguez e con Saúl Corredoira, recoñecido en tres ocasións como o mellor orador de Galicia, e que se prevé celebrar o vindeiro mes de abril no Campus lucense co fin de seguir estimulando o talento mozo a través da oratoria e do debate.

0.20738410949707