Os pais de Baamonde volverán manifestarse o domingo cunha cacerolada

TerraChaXa | LugoXa
Así,  un domingo máis, as asociacións de pais do colexio de Baamonde e de veciños Montenegro convocaron unha nova concentración de protestas, neste caso unha cacerolada.
IMG 9765
31 Dec 2020

Así,  un domingo máis, as asociacións de pais do colexio de Baamonde e de veciños Montenegro convocaron unha nova concentración de protestas, neste caso unha cacerolada. Polo tanto, prégase asistir con cacerolas, potas e outros utensilios.

Esta decisión tomouse "ante as respostas contradictorias dende a delegación de Lugo: primeiro (non), despois (sí) e agora de novo (non) polo que formulamos un escrito a Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade".

A marcha partirá as 11:30h dende a igrexa de Baamonde, percorrendo a N-VI ata chegar á rotonda coa N-634, onde se fará unha parada con lectura de comunicado, continuará pola anterior estrada ata chegar ao ceip de Baamonde.

Os convocantes piden de novo a cooperación de toda a veciñanza e establecementos (aos que piden o peche durante 1 hora dos seus negocios) de Baamonde, Pacios, Carballido, Vilariño, Bóveda, Pígara e Soexo "como principais damnificados ante a pretensión do Concello de Begonte de pechar o colexio de Baamonde. Tamén facemos un chamamento o resto de veciñ@s da nosa contorna ante esta medida que atenta contra o rural".

Novamente manteranse as distancias de seguridade e será obrigado permanecer coa máscara posta.

0.16117811203003