O parque Rosalía celebra o centenario cunha serie de actos

LugoXa
O parque Rosalía de Castro conmemora os cen anos da súa apertura ao público e celébrase no día de hoxe a partires das 17.00 horas.
parque rosalia castro lugo
13 Xul 2021

Lugo e os lucenses están de parabéns porque un dos seus lugares máis emblemáticos está de aniversario. O parque Rosalía de Castro, espazo verde icónico da cidade, conmemora os cen anos da súa apertura ao público e celébrase no día de hoxe a partires das 17.00 horas. Así pois, poderase gozar dunha programación de actividades levadas a cabo para conmemorar o I Centenario do parque Rosalía.  

As actividades están dirixidas a todos os públicos e a finalidade é renderlle homenaxe a este espazo.

Entre elas atopamos acontecementos culturais, artísticos e sociais, sempre co parque Rosalía como eixo central, que complementan a presentación do libro O parque de Rosalía de Castro o Centenario da súa creación, obra escrita por un dos grandes historiadores de Lugo, Adolfo de Abel Vilela, e tamén un dos autores do Plan Director do parque

Entre as actividades inclúese a inauguración dun monolito que estará ubicado na entrada principal do parque, unha visita guiada polos puntos de interese arquitectónico, a cargo de Adolfo de Abel Vilela, unha merenda saudable na zona parque infantil para todos os veciños e veciñas de Lugo e para finalizar a xornada a clausura do acto correra a cargo dos Foolmakers, que darán un concerto no templete.  

0.22144508361816